jueves, 17 de junio de 2010

martes, 8 de junio de 2010



Montaxe realizado mediante o Adobe Photoshop

lunes, 7 de junio de 2010

Os ovnis chegan a Barraña Ö


Esta é outra montaxe feita mediante no Photoshop pola miña compañeira e por min.

martes, 1 de junio de 2010

Retoque fotográfico



Este é un montaxe feito mediante o Adobe Photoshop para tomar contacto con dito programa.

domingo, 2 de mayo de 2010

GO ANIMATE

GoAnimate.com: EL TABACO by antiaboiro

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

miércoles, 10 de marzo de 2010

martes, 19 de enero de 2010

As redes socias. [ Práctica 14]

A reportaxe sobre o uso das redes sociais resultoume moi interesante.
Penso que as redes sociais son un dos mellores inventos da era actual. Eu teño conta en Tuenti, Facebook, Myspace,Hi5, e moitas outras; aínda que a rede social por excelencia e a que máis uso é o Tuenti. Estas redes sociais permítenme manter o contacto con amigos ou coñecidos que fai tempo que non vexo e mesmo cos que vexo a diario. O uso do Tuenti está moi xeneralizado nos adolescentes e por iso me gusta esta rede social. O seu uso permíteme comunicarme cos amigos e así aforrar na factura telefónica; tamén me permite ter a posibilidade de enterarme de folgas, alertas por temporal, festas e outros moitos tipos de eventos, compartir as miñas fotos ao instante con centos de amigos, saber da vida de alguén con quen perdestes contacto fai tempo e mediante o uso desta redes recuperalo. . .No Myspace infinidade de persoas colgan as súas propias composicións musicais e nalgúns casos, con moita sorte, alcanzas unha certa fama e mesmo algún productor musical se pode interesar por ti; paréceme unha maneira moi rápida e sinxela de promocionar as túas pezas e darte a coñecer neste mundo musical en decadencia.
En xeral penso que mentras que fagas un uso responsable das redes sociais non hai problema, xa que tes varios modos de privacidade no que poñer a túa conta, segundo queiras que che vexan só os teus amigos ou centos de millóns de persoas... O uso que fan as persoas destas redes non sempre é o correcto xa que no Facebook, ao igual que noutras redes, o usuario pode atoparse con infinidade de perfiles falsos e mesmo pode verse coa súa identidade suplantada nun perfil falso. No peor dos casos poden roubarche a túa conta atentando así contra a túa privacidade. A min pasoume isto último fará hoxe dúas semanas. Por sorte cuns cantos e-mails aos administradores do Tuenti solucionei o problema axiña e non tardaron en recuperarme a miña conta.
Supoño que a opinión que pode ter unha persoa acerca das redes sociais baséase moito nas súas experiencias con elas, e sobre todo da idade, xa que non pensa o mesmo unha persona que se criou na era dos ordenadores e da informática que unha persoa pouco acostumada a tratar cos ordenadores, e que polo xeral tenlle un certo “pánico” (influído por reportaxes e opinións que amosan os problemas e non as virturdes destas redes) ás redes sociais. A mala prensa sobre as redes sociais viuse incrementada cando algúns dos asesinatos máis sonados nos últimos tempos en España, asesino e víctima, puxéronse en contacto por unha rede social, msn ou outro tipo de comunicación internáutica.