lunes, 14 de diciembre de 2009

Banda de gaitas "Buxaina" de Taragoña

A escola de frautas e percusión tradicional naceu o 7 de novembro de l993. Xa foi a súa primeira presentación en público en xullo de 1995 co motivo das Festas de Verán de Taragoña. A escola conta na actualidade cuns 80 alumnos, dos cales 40 forman a Banda , distribuídos en 20 gaitas, 4 bombos, 6 tambores, 10 pandeiretas e 3 acordeóns. Utiliza nos seus concertos e pasarrúas, gaitas afinadas en “Do”. Cabe subliñar que a percusión é exclusivamente galega, usando parches de coiro. Actualmente para os concertos, traballase na incorporación de outros instrumentos como poden ser: punteiros en distintas tonalidades, darbuka, teclado, culleres...etc. dando así un aire novo as melodías interpretadas.
O seu repertorio musical consta de pezas tradicionais recollidas en Cancioneiros populares galegos: Pucho, Castro Sampedro,etc.… E tamén como non, de obras recollidas pola zona.
A súa vestimenta é a roupa tradicional de gala das rías baixas galegas
Destacando algunha das súas actuacións na nosa xeografía galega, (entroutras):
-Única banda participante no “Festival Folclórico de Cordeiro” no ano 96.
-Na T.V.G. no programa “Luar”, e noutros programas especiais adicados ó “Xacobeo”, emitidos tamén pola T.V.G. (emitidos desde Noia e desde a Puebla do Caramiñal).
-“I Festa da Terceira Idade” en A Baña.
-“VII Concurso Folclórico de Baile e Musica Tradicional” Concello de Cerdido
-“VI Certame Día da Muiñeira” en Noia.
-“VII Certame Folclórico” en Padrón.
-“II Certame Galego de Bandas de Gaitas e Instrumentos Tradicionais Galegos Cidade de Betanzos” en Betanzos.
-“XI Festival Folclórico” en Escarabote (Boiro).
-“XIII Campionato de Liga Galega de Bandas de Gaitas”.
- VII, VIII e XIX “Encontro Nacional de Bandas de Gaitas e grupos folclóricos”
- Actuacións en festas, romarías e certames por toda a bisbarra do Barbanza e arredores.
A Banda de Gaitas, ó longo da súa traxectoria (facendo agora 15 anos) foi fundada e sempre dirixida por Alma-Mª Caamaño Romero. Profesora, especialista en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén cursou estudios de piano e conxunto vocal no Conservatorio Superior de Música de dita cidade. Reforzando a súa formación musical recibindo clases entroutros do extraordinario músico Prudencio Romo (“Os Tamara”), Xosé Carou (Rianxo), Xosé Romero (“Os Rosalés”). Ademais de pertencer como membro, e membro solista, en distintas agrupacións musicais de tipo folclórico: corais, bandas de gaitas, agrupacións de música e danza… etc.

¿QUEN SOMOS?
Os integrantes da especialidade de gaita son aproximadamente uns 20, sendo a súa maioria mulleres.
Bea Tubio,Alba Moares,Alma Caamaño,Maria Martinez,Pablo Garcia,Isa Tembra,Rebeca Esperante,Carlos Lorenzo,David Lojo,Raquel Ramos,Diana,Xavier,Ivan Paz,Cristina Muñiz,Laura Ramos,Adriana Rial,Miriam Ramos,Isa Tourís,Clara Suárez,Marta Vázquez,
Sabela López,Antía Pimentel,Alvarito Ordoñez

Na especialidade de percusión podemos atopar diferentes instrumentos:
-BOMBO: esta sección actualmente está integrada por catro mulleres.
Lorena Lápido,Lorena Calvo,Lucía,Mary


-PANDERETA: Sección integrada polas máis novas da banda.
Raquel Rodriguez,Paula,Maria,Yaiza Otero,Adriana Antelo,Estrela Suárez

-TAMBOR:estan formados por todo mullerres agás un rapaz que dis moitos tonterias.
Anton Tembra,Rebeca Campaña,Sara Bravo,Fátima,Bárbara,Betty.

AS NOSAS VESTIMENTAS
A roupa de muller de Buxaina consta de:
-Saia beige con terciopelo negro
-Mantelo de terciopelo decorado ao gusto de cada unha
-Camisa de manga longa de liño
-Camisa de manga curta de liño
-Chaleco
-Sombreiro
-Pañoleta
A roupa de home de Buxaina consta de:
-Polainas
-Cirolas
-Chaleco
-Chaquetilla
-Gorro
-Pañoleta
-Pantalón

Para coñecernos un pouco máis podes visitar a seguinte páxina:
http://wwww.buxaina.es.tl


PUBLICACIÓN NA GALIPEDIA :http://gl.wikipedia.org/wiki/Buxaina_(banda)#Historia